Malena Mieres, mellor deportista das Pontes

TerraChaXa
Malena Mieres, a porteira do Deportivo de La Coruña, e da selección española sub19, coa que quedou campiona de Europa fíxose co premio a mellor deportista das Pontes, na Gala do deporte 2017 – 2018.
38003745_2158602007716525_5120455092553646080_o
20 Maio 2019

Malena Mieres, a porteira do Deportivo de La Coruña, e da selección española sub19, coa que quedou campiona de Europa fíxose co premio a mellor deportista das Pontes, na Gala do deporte 2017 – 2018.

O venres, 3 de maio, nun pavillón polideportivo municipal abarrotado, entregábanse os premios outorgados dende a Concellería de Deportes, con once galardóns e vinteunha mencións especiais.

Malena sucedeu así a Miguel Alvariño, o arqueiro gañador da última edición e compartíu escenario co resto de premiados, que foron o piragüista Borja, como mellor traxectoria deportiva, Gabriel Tembrás como mellor pormesa, o C. R. Fendetestas, como mellor Clube, Sonia Caaveiro, do CB As Pontes, como mellor adestradora, Manuel Doce, do Clube de Montañismo O Caxado, mellor dirixente, e o premio a unha vida adicada ó deporte foi para Narciso “Siso” Ferreiro, do CD As Pontes.

Como mellor labor no deporte de base foi distinguido o Olympo de Atletismo, mellor patrocinador Matojoma Grupo Tú, mellor evento a Samurai Xtreme Race, e o premio á comunicación foi para Xose Ferreiro.

Na Gala, chea de animación, actuación e sorpresas, e presentada por Xalo Maira e Terio Carrera, entregaron os diversos trofeos o Alcalde Valentín González Formoso, e os concelleiros, Chicho Tembrás, Antonio Alonso, Ana Pena, Sonia Sueiro, Antonio Castro, Juan Carlos Romero, e José Alén.

0.19796895980835