Mañá cortarase o subministro de auga da traída en varias parroquias de Castro de Rei
TerraChaXa | LugoXa
Mañá cortarase o subministro de auga da traída en varias parroquias de Castro de Rei. Será polas obras de reforma do abastecemento
9 Feb 2022
O Concello de Castro de Rei informou de que o vindeiro xoves día 10 de febreiro ao longo de toda a mañá, vaise proceder a cortar o subministro de auga da traída municipal.
O devantido corte será por mor das obras de reforma na rede de abastecemento e afectará ás parroquias de Castro Ribeiras de Lea, Mos, Ribeiras de Lea, o parque empresarial, Matodoso e Triabá.