Mañá entréganse os premios HUME das Pontes
A Asociación de Estudos Históricos das Pontes fará entrega este venres, 1 de abri¡l, dos premiosHUME na súa sexta edición do Certame de Investigación. O acto terá lugar na Casa Dopeso a partir das 20.00. horas e aproveitarán a ocasión para presentar a revista número 14.
O xurado do Premio de Investigación HUME correspondente ao ano 2021 acordou outorgar o primeiro premio ao traballo presentado por Angel Arcay Barral que leva por título Mujeres espontáneas. Fragilidad humana y cópula carnal en las comarcas del Eume y Ferrol, (XVIII-XIX).
No seu traballo realiza un estudo sobre todas aquelas mulleres galegas que se presentaban voluntaria ou obrigadas ante as autoridades para auto inculparse polo feito de ter quedado embarazadas. Estas mulleres, na inmensa maioría dos casos viúvas ou solteiras, contan ante las autoridades todo o proceso do preñado coa intención de recibir o perdón pola franqueza das súas declaracións, logrando con iso tamén un salvoconduto para no ser molestadas por tal feito.
Angel Arcay Barral é graduado en Historia e traballa como arquiveiro e técnico de turismo.
O segundo premio foi outorgado ao traballo presentado por Javier Barcón Vázquez que leva por título Intervencionismo y reforestación nos montes das Pontes, Grupos Sindicais de Colonización, conflitos ambientais durante o franquismo.
Neste traballo analiza a repoboación forestal realizada nos anos 50 e 60 nos montes do Freixo, Deveso e As Pontes polo Patrimonio Forestal do Estado mediante un consorcio co Concello das Pontes de García Rodríguez e sen o consentimento dos propietarios dos terreos afectados.
Repasa a historia desta repoboación e a devolución dos montes aos seus propietarios a finais dos anos 70.
Javier Barcon Váquez é un delineante pontés e estudoso da historia local.
O xurado acordou outorgar un accésit ao traballo presentado por Alberta Lorenzo Aspres co título A modernidade de Rodolfo Ucha Donate nas vivendas de renda limitada das Pontes de García Rodríguez.
Neste traballo realiza unha investigación sobre as vivendas da Cooperativa Virxe da Luz e outras deseñadas polo arquitecto ferrolán, Rodolfo Ucha Donate.
Alberta Lorenzo Aspres é doutora en arquitectura e autora do proxecto Arga (Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia).
O primeiro premio ascende a 3.000 euros, o segundo a 1.500 euros e o accésit a 200 euros.
Estes traballos serán publicados na revista Hume no ano 2022.