Mañá inaugúrase o novo supermercado Eroski Center en Burela

TerraChaXa | AMariñaXa
Mañá inaugúrase o novo supermercado Eroski Center en Burela
Captura de pantalla 2020 08 21 a las 13.17.13
25 Nov 2020

Mañá ás 9.00 horas inaugúrase o novo supermercado Eroski Center en Burela, ubicado na avenida do Perdouro 13, e que funcionará en horario 9.15 a 21.45 horas.

Antes da apertura oficial da tenda levarase a cabo un pequeno acto que contará co alcalde de Burela, Alfredo Llano García; o director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski; Florentino Vázquez; o xefe de zona de Eroski Center, Pedro Fraga; o director de Expansión y Franquicias de Vegalsa-Eroski, Pedro Suárez; e o equipo da tenda.

Iniciativas

Vegalsa-Eroski súmase por quinto ano consecutivo a esta iniciativa solidaria que busca visibilizar e sensibilizar sobre as enfermidades raras na Comunidade Galega na que se estima que hai case 200.000 persoas afectadas.

Ademais, Autoservizos Familia da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski súmase por quinto ano consecutivo á campaña do Nadal de sensibilización e captación de fondos ‘Haz Magia”, impulsada pola Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), que este ano conta coa colaboración solidaria dos actores e humoristas Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro (presentes na campaña desde 2012), e do ilusionista Joshua Kenneth que é o encargado de converter en maxia todos os esforzos desta acción.

Para iso esta ensina Autoservizos Familia venderá nos establecementos que ten na Coruña bastóns de caramelo (sen lactosa e sen glute) ao prezo simbólico dun euro a unidade ata o próximo 7 de xaneiro. Ao total recadado polos seus clientes, Vegalsa Eroski achegará un 6% adicional.

0.18258786201477