Mañá pecha o prazo de avaliación para a reestruturación parcelaria en Moncelos

TerraChaXa
A proxecto de reestructuración parcelaria na parroquia de Moncelos en Abadín, remata mañá, 24 de xullo, o prazo de presentación de propostas no tempo de 15 días que estivo en exposición pública.
Captura de pantalla 2020 07 23 a las 11.47.57
23 Xul 2020

A proxecto de reestructuración parcelaria na parroquia de Moncelos en Abadín, remata mañá, 24 de xullo, o prazo de presentación de propostas no tempo de 15 días que estivo en exposición pública.

As persoas interesadas poderán enviar as súas opinións ou achegas sobre a iniciativa ou propostas de mellora a través de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e no correo electrónico infraestruturas.agrarias.lugo@xunta.gal.

Coa publicación desta consulta a Consellería do Medio Rural pretende impulsar un proceso de reestruturación parcelaria mediante o decreto polo
que se declara a utilidade pública da reestruturación parcelaria de carácter público da zona de Moncelos (Abadín-Lugo), co obxecto de reordenar a propiedade da terra para mellorar a estrutura territorial agraria.

Os obxetivos desta operaión consisten en mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias, de acordo con criterios de ordenación axeitada e sustentable delas e dos seus cultivos e aproveitamentos, calquera que sexan estes, baixo a perspectiva da súa utilidade económica e social, co fin de fixar a poboación no medio rural para facer rendible a actividade produtiva.

Tamén se busca establecer, para os predios que non formen parte de explotacións agrarias, medidas de agrupación, redimensionamento, mellora estrutural e de infraestruturas que faciliten a súa mobilización para uso agrario, entendendo por tal a loita contra o abandono, a formación de novas explotacións ou a incorporación ás xa existentes, prestando especial atención ao apoio á constitución de iniciativas asociativas para o aproveitamento en común.

Así mesmo busca facilitar a adecuación territorial de áreas con elevados valores medioambientais ou paisaxísticos, ou ben coa presenza dalgún elevado risco ambiental, de tal maneira que se potencie a conservación e a permanencia dos ditos valores ou se reduza a potencial incidencia do risco, a través da reorganización espacial e funcional da estrutura territorial existente.

Captura de pantalla 2020 07 23 a las 11.48.16
0.14544415473938