Mañá pecha o prazo para participar no concurso de mel de Muras
O Concello de Muras a través da Casa do mel Goente das Pontes ten en marcha o concurso da V Cata do Mel de Muras. Poderan participar todos aqueles apicultores que teñan explotacións apícolas no concello de Muras.
Segundo explican as normas admitiranse como máximo un total de 15 mostras, por riguroso orden de entrega na Casa do mel, todas elas en botes de 1 kg e antes do 1 de novembro do 2021, sen ningún tipo de etiqueta.
A Casa do Mel poñeralle unha etiqueta a cada bote cun número impreso. Ese número tamén se lle poñerá a un sobre pechado que terá os datos do produtor. O sobre permanecerá pechado e custodiado pola Casa do Mel ata que se faga
explícito o número do mel gañador.
Haberá dous galardóns: mellor mel de montañae mellor mel monofloral de breixo. Neste segundo caso, para consideralo monofloral terá que ter como mínimo un 45 % de pole de breixo.
No laboratorio da Casa do Mel faranse as análises de tódalas mostras de cor, humidade, conductividade, HMF e pólenes predominantes. Tamén se fará referencia á limpeza e decantación. Os catadores poñeranlle unha puntuación de (0 a 5) a cada mostra.