Mañá rematan os Seráns Musicais de Vilalba

TerraChaXa
Vilalba presenta os Seráns musicais polas rúas de Vilalba, unha programación cultural con actuacións musicais durante os meses de verán.
SERANS MUSICAIS RUAS VILALBA PORTADA
SERANS MUSICAIS RUAS VILALBA PORTADA
11 Ago 2022

O Concello de Vilalba remata mañá os Seráns musicais polas rúas, unha programación cultural con diferentes actuacións musicais durante os meses de verán, entre o 8 de xullo e o 12 de agosto, dándolle prioridade aos grupos locais.

O programa que xa comezou en xullo con grupos como Mestura de Nete, Buxos Verdes, A. C. Cerna de Árbol ou a Banda Municipal de Música de Vilalba, rematará o vindeiro venres 12.

Así, para pechar ciclo musical, haberá dous concertos, o primeiro ás 21.00 horas a cargo de A.C. Andrade e o derradeiro ás 22.30 horas no palco da música da praza da Constitución co grupo Son da Rúa (Iescha).

SERANS MUSICAIS RUAS VILALBA
0.12029194831848