Mañá terá lugar a presentación da estela funeraria aparecida na Illa Coelleira do Vicedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Este mércores 5 de agosto ás 12 horas na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar a presentación dun achádego aparecido nas recentes prospeccións arqueolóxicas realizadas na Illa Coelleira a cargo do equipo do arqueólogo Iñaki Sagredo.
45413296_2163689336997606_1718971917609730048_n
4 Ago 2020

Este mércores 5 de agosto ás 12 horas na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar a presentación dun achádego aparecido nas recentes prospeccións arqueolóxicas realizadas na Illa Coelleira a cargo do equipo do arqueólogo Iñaki Sagredo.

Ao acto de presentación asistirán o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, a directora Xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, a secretaria da Delegación Provincial da Xunta de Galicia en Lugo, Marta Barreiro Castro, a xefa territorial de patrimonio en Lugo, María José Gómez Rodríguez, o alcalde-presidente do Concello do Vicedo, José Jesús Novo Martínez e o arqueólogo responsable das prospeccións arqueolóxicas, Iñaki Sagredo Garde.

Trátase dunha estela funeraria, tamén chamada cruz papal, que apareceu semisoterrada. Esta cruz papal, que ten 3 brazos e hai máis cruces talladas na contorna da mesma pedra, tamén destaca porque ten unha aureola que lle aporta magnificiencia.

Polo desgaste do granito vese que a cruz é moi antiga e hai moi poucos achádegos similares. A relixión ortodoxa adoptou tamén este tipo de cruz, non é un tipo de cruz común, é moi extrana, de aí a importancia do achádego.

Durante o acto de presentación os artistas Queiman e Pousa interpretarán tamén dúas pezas musicais para amenizar o acto.

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, participará na presentación dunha singular estela funeraria atopada nas escavacións impulsadas polo Concello do Vicedo e autorizadas pola Xunta de Galicia no xacemento da Illa Coelleira. Trátase dunha cruz tallada nunha estela de granito, arredor da cal aparecen outras cruces insculpidas enmarcadas por unha aureola ou mandorla. No acto de presentación desta peza arqueolóxica tomaron parte, ademais do conselleiro, o alcalde do Vicedo, Jesús Novo, e o director das escavacións, Iñaki Sagredo.

Román Rodríguez salienta a importancia de realizar unha posta en valor conxunta dos recursos patrimoniais e culturais para incentivar o turismo na Mariña, e destacou a “enorme potencialidade” da Mariña occidental, “tal como acredita o achado presentado, que fala dunha longa historia aínda por descubrir e coñecer dun xeito preciso que complementará desde o punto de vista do atractivo turístico a indiscutible riqueza medioambiental desta zona”.

0.1638240814209