Mans Unidas de Vilalba recadou 3.671,15 euros para un proxecto en Kataboi

TerraChaXa
O Grupo Comarcal de Mans Unidas de Vilalba organizou un festival solidario para recadar fondos para un proxecto en Kataboi, Turkana, ao noroeste de Kenya que As Hermanas Misioneras de Cristo Crucificado solicitan para mellorar a nutrición infantil e empoderamento das mulleres.
festival mans unidas vilalba
3 Abr 2019

O Grupo Comarcal de Mans Unidas de Vilalba organizou un festival solidario para recadar fondos para un proxecto en Kataboi, Turkana, ao noroeste de Kenya que As Hermanas Misioneras de Cristo Crucificado solicitan para mellorar a nutrición infantil e empoderamento das mulleres. A situación da muller é extrema. Ao tratarse dunha sociedade patriarcal, é frecuente o maltrato e os matrimonios de conveniencia.

Estas misioneiras contan xa cunha horta comunitaria onde producen froitas, verduras e legumes para as garderías da zona. Pero queren aumentar a produción e así para poder axudar a máis xente. Para isto precisan dispoñer dunha traída de auga e poder almacenala para as épocas de seca para elo necesitan construír: dúas cisternas, dous tanques, un sistema para filtrar a auga e unha placa solar. Este proxecto inclúe tamén formar ás mulleres en técnicas agrícolas. O importe total ascende a 47.137,00 Euros. O proxecto beneficia de forma directa a 523 nenos e a 15 mulleres. Indirectamente veríanse beneficiadas 1.232 persoas.

Os artistas colaboradores foron os Jin Tony’s Son, que interpretan versións dos mellores temas de rock, pop, blúes e jazz co único obxectivo de divertírense e de divertir a quen asista aos seus concertos; Estrella Naseiro e Carmen Gómez Mato, dúas artistas plásticas que deu a nosa Terra Cha, de todos e todas coñecidas pola súa pintura levada a importantes exposicións; Toxos e Froles, puxeron o broche de ouro ao festival xa que puxeron sobre o escenario o coro con tres gaitas, unha pandereta, un bombo, un tambor e dous conchas facendo un total 34 voces mixtas acompañadas do seu propio grupo instrumental

No acto colaboraron tamén o Concello de Vilalba,  a imprenta Junor, a Carnicería Generosa, Representaciones Cabarcos,  Xamóns e Embutidos Elote, Panadería Iglesias, Panadería Martiñán, Tahona Currás, Queserías Entrepinares, Dispravia S.L. e Estrella Galicia.

En total recadaronse 3.671,15 euros, dos cales 2.215 foron pola venda de entradas, 553,5 en donativos, 112,5 que foron depositados na urna colocada á entrada do salón de actos do auditorio e 790,15 recaudados nas colectas realizadas na parroquia de Vilalba.

0.091423988342285