Mans Unidas de Vilalba rematou o seu rastrillo solidario cun balance moi positivo

TerraChaXa
Mans Unidas comarcal de Vilalba rematou o seu rastrillo solidario cun balance moi positivo malia non poder rematalo mes de decembro
mans unidas vilalba ganador 2021 1
28 Dec 2021

Mans Unidas comarcal de Vilalba rematou o seu rastrillo solidario cun balance moi positivo malia non poder rematalo mes de decembro por mor do aumento de casos activos de covid no Concello.

Así, "queren agradecer a solidariedade dos nenos de Primeira Comuñón deste ano e a de todas as persoas que, dunha forma ou outra, fixeron posible a posta a punto e desenvolvemento do primeiro rastrillo e da cesta de Nadal", din dende a organización.

Estas dúas actividades iniciáronse o día 2 de decembro coa inauguración do rastrillo e todo o recadado, que ascende a algo máis de 3.000 euros destínase ao proxecto de integración de discapacitados en Nagaland-India.

O sorteo da cesta celebrouse o día 22 ás 12.00 horas e a rifa premiada é a número 1311, que corresponde a José Luis Lozano de Oleiros.

A devandita cesta de Nadal estivo elaborada con produtos de proximidade donados por empresas habituais colaboradoras da entidade e dos seus proxectos como Imprenta Junor, Adegas Celme, Champivil, Elote, Don Gabino, Pingas de Gaia, Representaciones Cabarcos ou Entrepinares, ademais doutros que preferiron manterse no anonimato.

Dende o colectivo quixeron agradecer a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, a Uxío García Amor e a Sara Jato Álvarez o seu traballo en Mans Unidas e "o seu exemplo de vida", a Ramón Rouco Lamela "a súa achega totalmente desinteresada do local, e infraestruturas, para a instalación do rastrillo, e as empresas que colaboraron na cesta de Nadal.

mans unidas vilalba ganador 2021
0.2075629234314