Mans Unidas pon en marcha dúas campañas solidarias en Vilalba

TerraChaXa
A delegación comarcal de Mans Unidas en Vilalba iniciou dúas campañas solidarias para recadar fondos cos que sufragar os proxectos.
CARTEL CENTIMO SOLIDARIO_MANOS UNIDAS_portada
11 Feb 2023

A delegación comarcal de Mans Unidas en Vilalba iniciou dúas campañas solidarias para recadar fondos cos que sufragar os proxectos que teñen de marcha en países desfavorecidos.

Unha desas campañas é a popularmente coñecida como do céntimo solidario, que este ano ten o lema Quítate un peso de enriba por unha boa causa. Doa os teus céntimos. O obxectivo da campaña é revalorizar estas moenadas de céntimos para empregalas para "construír un mondo máis xunto e solidario".

Esta campaña realízase por toda España grazas ás 72 delegacións que ten a organización por todo o territorio. Os cartos irán para financiar os proxectos de desenvolvemento que hai en máis de 50 países.

Ten colocadas a entidade catro huchas para a recollida de moeadas en cinco comercios de Vilalba: Caprichos, Cuarto e Metade, droguería Rama, Lanas Pingüin e librería Andel, ademais da casa escola de Nete.

CONTRA A FAME

Ademais, esta fin de semana recolleranse doazóns na campaña contra a fame durante as misas que se celebran en toda España. En Vilalba a recollida de doazóns será tanto o sábado como o domingo. Ademais, compleméntase cunha acción de xexún voluntario para facer patente a desigualade existente.

Mans Unidas demanda que se vexa o papel do traballo como vía de desenvolvemento persoal e familiar e que se remate coa discriminación laboral das mulleres.

Por iso propoñen que se fomente institucionalmente o traballo para toda a poboación e se potencie o dereito á educación e á saúde e que se empodere a mulleres e nenas para a fame e a pobreza non repercuta sempre nelas.

A campaña contra a fame levada a cabo pola delegación vilalbesa contemplou o ano pasado o apoio á educación para nenos vulnerables en Poipet (Camboya), a mellora de condicións no orfanato de Rhahmundry (India) e a formación da mocidade no Salvador. O ano pasado aportou a vila de Vilalba un total de 3.547,50 euros para estes fins.

O obxectivo de Mans Unidas e recuperar as accións de recollida de fondos e doazóns que quedaron aparcadas durante a pandemia. Así, este ano volverán ter o tradicional festival solidario.

CARTEL CENTIMO SOLIDARIO_MANOS UNIDAS_2022
0.21014809608459