Mans Unidas recadou preto de 5.000 euros co seu festival solidario

TerraChaXa
O grupo de Mans Unidas de Vilalba conseguiu recadar un total de 4.
16 Apr 2018

O grupo de Mans Unidas de Vilalba conseguiu recadar un total de 4.542,65 euros, suma dos 2.842,65 do festival solidario máis 1.7090 euros das colectas realizadas na parroquia de Vilalba a través da venda de entradas e de diferentes donativos. Estes cartos irán destiñados á financiación dun proxecto no Salvador, a segunda fase dun plan de formación de familias campesiñas para conseguir unha agricultura sostible, da que se están beneficiando unhas 570 persoas de 95 familias.

A responsable local da entidade quixo agradecer o traballo realizado polos artistas que colaboraron neste festival: Os Valuros, de Castro de Rei; os músicos clásicos vilalbeses Barut e Rosana Domínguez Grandío e os tunos Troyanos de Compostela. Asimesmo fixo extensivo o seu agradecemento a María José Lamas, presentadora do evento e a José Luis Carasco, autor do cartel e da portada do díptico. Tamén houbo agradecementos para o Concello de Vilalba e as diferentes empresas que apoiaron esta causa.

Como explica Mans Unidas, o Salvador, cunha poboación algo superior aos 6 millóns de habitantes, era un país agro exportador e recentemente pasou a ser importador de produtos alimenticios básicos. No Departamento da Paz máis do 50% da súa poboación dedícase á agricultura e ganadería de subsistencia cuns sistemas de produción pouco rendibles. Por iso A Pastoral da Terra de Cáritas de Zacatecoluca solicitou a Mans Unidas completar o proxecto iniciado en 2016 coa execución dunha segunda fase. Esta ten como obxectivos aumentar e diversificar a produción destas 95 familias e ensinarlles técnicas de procesamento dos excedentes para comercializalos e así xerar algúns ingresos económicos que lles permitan mellorar o seu nivel de vida.

A diócese de Mondoñedo – Ferrol pretende conseguir 45.586 Euros para financiar esta segunda fase do proxecto, mentres que os beneficiarios locais aportarán terreos, equipos e horas de traballo e tamén se encargarán de difundir o aprendido ao resto das familias das comunidades parroquiais de San José de Palma, San Pedro Mártir e San Jerónimo. Parroquias nas que se executará o proxecto.

0.1618959903717