Mans Unidas sortea unha cesta de Nadal con produtos de proximidade para recadar fondos

TerraChaXa
Mans unidaMans Unidas comarcal de Vilalba celebrará o día 23 de decembro o sorteo dunha cesta de Nadal para recadar fondos.
mans unidas recadar fondos vilalba
15 Dec 2022

Mans Unidas comarcal de Vilalba celebrará o día 23 de decembro o sorteo dunha cesta de Nadal nunha acción coa que busca recadar fondos para financias os seus proxectos en activo.

Trátase dunha cesta con produtos galegas e de proximidade, doado por varias empresas da contorna entre as que se atopan Tres Fuciños, Representaciones Cabarcos, Champivil, Queixería Daniberto, Cuarto e Metade, Forxamel, Pingas de Gaia, Tres de Maio, Pastelería Ben, Bodegas Baamonde, Carpers, Entrepinares, Jamones e Embutidos Elote.es e outras persoas que prefiren manterse no anonimato. Tamén colabora Imprenta Júnior coa impresión das rifas e José Manuel Alonso Gaute, propietario do local.

A cesta está situada nun local da rúa José María Chao, no mesmo lugar onde se fará o sorteo público, o día 23, ás 12.00 horas.

A venda de rifas avanza a bo ritmo e cada unha delas supón a doazón dun euros para os proxectos de Mans Unidas. Uno deses proxectos é a formación integral e profesional de mocidade de la risco por violencia no Salvador e a mellora das condicións hixiénico-sanitarias do orfanato Rajahmundry, na India.

A primeira intervención beneficiará directamente a 265 mozos, na súa maioría mulleres, e indirectametne a 1250 máis. Nun país cunha grave problemática de violencia xuvenil, houbo recortes nas políticas sociais que deixaron fóra do sistema a mozos e adultos.

Na India atenden neste centro a uns 60 nenos e nenas de entre 6 e 15 anos que malviven nas rúas recollendo lixo, como vendedores ambulantes, limpando zapatos ou traballando en tendas en xornadas de máis de 12 horas.

0.20598697662354