Mans Unidas Vilalba recadou máis de tres mil euros no seu festival solidario

TerraChaXa
Mans Unidas de Vilalba recadou máis de 3.000 euros no seu festival solidario que se celebrou por primeira vez tras estes anos de pandemia.
coral luar festival musica mans unidas vilalba
27 Abr 2023

Mans Unidas de Vilalba recadou máis de 3.000 euros no seu festival solidario que se celebrou por primeira vez tras estes anos de pandemia.

O Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba acolleu esta gala, que estivo presentada por Mª Xosé Lamas. O prezo da entrada foi de 5 euros e aínda que non se venderon todas si se recadou cartos a maiores a través de fila 0 e doazóns.

No acto actuaron por orde a Coral Luar, Néstor Xesús González Lamas e Entre Lusco e Fusco, que son un grupo vilalbés de baile, canto e música tradicional.

A sesión durou algo máis de hora e media e contou coa participación do público en distintos momentos. Ademais proxectáronse dous vídeos, un sobre o labor de Mans Unidas e outro sobre o proxecto para o que se recaudaron os cartos. Por outra banda, a presidenta da delegación de Mans Unidas, María de los Ángeles Losada, agradeceu o labor dos artistas e colaboradores, aos que se lle entragaron uns diplomas, e valorou o éxito desta iniciativa.

Tamén colaboraron no Concello de Vilalba, Imprenta e Estrella Galicia e contan coas aportacións de Margarita Suárez Caínzos e Allentum.

Os cartos recadador irán para un proxecto dirixido á redución da cegueira e enfermidades oculares en Meki, nunha zona rural de Etiopía, onde se pretende construír unha clínica onde se traten estas enfermidades tan comunes (cataratas, glaucoma ou tracoma) ademais de dar información para o seu tratamento e coidado.

0.14785194396973