Manuel de Lea recibirá a título póstumo o premio Trapeiro de Honra

TerraChaXa
Os Vilares Lareira de soños vén de conceder o premio Trapeiro de Honra na súa oitava edición a título póstumo a Manuel de Lea).
manuel de lea trapeiro de honra
23 Nov 2022

O colectivo Os Vilares Lareira de soños vén de conceder o premio Trapeiro de Honra na súa oitava edición a título póstumo a Manuel Fernandez Corral (Manuel de Lea).

Nado no lugar de Lea nos Vilares, Manuel foi unha das persoas máis queridas e respeitada tanto na súa parroquias de nacemento como na de residencia, Momán, no concello de Xermade.

Labrego, zoqueiro e comerciante, foi un dos principais informantes de Pastora Veres para o seu libro Lareira de soños debido á súa prodixiosa memoria e sabedoría da contorna.

O acto de entrega será a finais do mes de xaneiro e terá lugar na capela ao pé da feira de Momán, un lugar preto da súa casa, onde será entregada á família unha peza exclusiva elaborada pola artista Viki Rivadulla.

En anteriores edicións este premio recaeu en Xosé María Díaz Castro (tamén póstumo), Romaría Labrega da Chaira, Pepe de Cristos, Asunción dos Ares, Raúl Río, Sara das Reixas e Germán Castro.

"Manuel de Lea representa a unha xeración de homes que sofreron a guerra, a posguerra, a emigración nas súas famílias e outros traballos para sacar adiante a súa tribo, e no seu caso queda do viúvo con un grande número de fillos.  Home afable e agarimoso, sentimos unha grande mágoa por non poder entregarlle o premio en vida, aínda  que queremos trasladar a quenes o trataron a nosa sentida homenaxe", din dende o colectivo organizador.

manuel lea trapeiro de honra interior
0.14432096481323