Mar Fraga presentou o cartaz de campaña do BNG das europeas
O BNG presentou o cartaz co que pedirá o voto durante a campaña electoral de cara ao 9 de xuño. Nun acto con militantes e simpatizantes, Mar Pérez Fra afirmou que "nesta campaña faremos chegar a todas as galegas e galegos o traballo do BNG no Parlamento Europeo, a voz que defende os intereses da Galiza fronte ás políticas da Unión Europea". O acto contou coas intervencións do portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo.
"Desde o BNG imos traballar para que os problemas das galegas e galegos sigan tendo voz en Europa", afirmou Mar Pérez Fra, que engadiu "seguiremos a levar a Bruxelas as problemáticas e demandas dos nosos sectores produtivos, dos nosos concellos ou das diferentes loitas sociais". "Queremos unha Galiza viva, forte e con futuro nunha Europa diferente, unha Europa dos pobos e das persoas, dos dereitos sociais e da xustiza, unha Europa que aposte polo respecto e a paz nas relacións internacionais", explicou Mar Pérez Fra.
A número 3 da candidatura do BNG ao Parlamento Europeo animou ás militantes e simpatizantes do BNG presentes no acto "a facer chegar a mensaxe, só se o BNG está as galegas e galegos contaremos con representación no Parlamento Europeo". Pérez Fra afirmou que "durante os próximos días percorreremos os distintos concellos de Lugo para facer chegar as nosas propostas a todas as veciñas e veciños, propostas realistas para unha Galiza con futuro nunha Europa diferente".