Marcelle abre o luns as súas portas ao público
Tras meses pechados, o parque zoolóxico de Marcelle, situado no termo municipal de Outeiro de Rei, abrirá as súas portas este luns 22 de xuño, a partir ddas 11.00 horas. Aínda que o horario será de verán manteranse unha serie de normas para garantir a seguridade sanitaria dos visitantes. Así, só me permiten grupos de máis de dez persoas e non estará aberto o servizo de restauración.
Lembran a necesidade de uso de máscaras en zonas de interior e en visitas guiadas xa que estas se realizan en grupo, razón pola que tamén recomendan o pago con tarxeta e non porán a disposicións dos visitantes mesas, sillas e bancos.
Por outra banda, o outro parte do concello, Avifauna, especializado en aves, xa abriu as súas portas a semana pasada e lembra a necesidade de uso da máscara durante a visita.