Marea Galeguista esixe a posta en valor da Torre de Caldaloba

TerraChaXa
Varios integrantes da candidatura pola Marea Galeguista na provincia de Lugo, reuníronse este coa asociación Patrimonio dos Ancares para denunciar o estado da Torre de Caldaloba e recoller as súas propostas no eido da recuperación e da sinalización do patrimonio.
IMG 20200627 WA0008
29 Jun 2020

Varios integrantes da candidatura pola Marea Galeguista na provincia de Lugo, reuníronse este coa asociación Patrimonio dos Ancares para denunciar o estado da Torre de Caldaloba e recoller as súas propostas no eido da recuperación e da sinalización do patrimonio. “Temos a obriga moral de de manter vivo o noso patrimonio cultural. Débemosllo aos nosos descendentes”, comentou Carmen Núñez Bruzos, número dous pola lista da MG.

Nesa liña, Paula Gómez, número oito da candidatura por Lugo, quixo ter un recoñecemento polo traballo da asociación Patrimonio dos Ancares que "levan anos loitando para que as administracións interveñan, e para facer cumplir a lei de protección do patrimonio".

En palabras de Carme Nuñez "Marea Galeguista quere agradecer o traballo de todas as asociacións que defenden o patrimonio no país, porque sen ese traballo, que ven a suplir o que debería facer a Xunta, a cultura perderíase, e iso é algo que non nos podemos permitir".

IMG 20200627 WA0010

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19150114059448