Margarita Coroas gaña na Pastoriza o concurso de fotografía sobre a muller rural

TerraChaXa
É a sexta edición deste concurso, á que se presentaron unha vintena de imaxes
foto-ganadora-concurso-muller-rural
19 Out 2024

Por sexto ano, co gallo do Día Internacional da Muller Rural, o Concello da Pastoriza apostou por visibilizar a través da fotografía as mulleres rurais, polo que volveu convocar o concurso Muller Rural da Pastoriza.

Nesta ocasión o premio foi para Margarita Coroas, que fotografiou á súa nai Sara nun dos momentos de relax do día.

A fotografía, co título A miña idade, posando, contou con 293 me gustas en Facebook, e foi a máis votada nun concurso no que se presentaron unha vintena de imaxes.

Coidando o futuro e Tempo de recoller e gardar pro ano foron as outras dúas máis votadas.

 

0.172611951828