María Carballido faise co subcampionato galego en 800 metros en Ourense
Gran actuación dos deportistas de Friol no Campeonato Galego absoluto de pista cuberta disputado o sábado en Ourense. María Carballido, que debutaba co seu novo equipo, o Grupoemleo Pamplona de División de Honra, volvía render a gran altura e lograba o subcampionato autonómico na proba dos 800 metros lisos, onde marcaba un rexistro de 2.13 minutos que lle dá o acceso ao Campeonato de España de pista cuberta que se disputará en Antequera (Málaga). Ademáis, María tamén lograba a medalla de prata na categoría sub 23.
Pola súa parte, Cristian Montecelo (Atletismo Friol) conseguía a cuarta posición tamén na distancia dos 800 metros, onde lograba un crono de 1.56 minutos. Cristian loitaba polos postos de pódium ata o final da proba, pero quedaría a escasas centésimas de inscribir o seu nome no histórico dun galego absoluto.