María Carballido logra o seu mellor rexistro en 800 metros no campionato de España

TerraChaXa | LugoXa
Punto final para María Carballido na temporada de pista cuberta, ca súa presencia no Campeonato de España Absoluto disputado en Ourense.
maria carballido ouro ourense 800 metros
28 Feb 2022

Punto final para María Carballido na temporada de pista cuberta, coa súa presenza no Campionato de España Absoluto disputado en Ourense, e onde a representante friolesa lograba o seu mellor rexistro personal cun crono de 2.13.22 minutos, que lle outorgaron a sexta posición na súa serie semifinal e o posto 23 do global da máxima competición nacional na proba dos 800 metros lisos. Esta é a segunda vez na súa carreira deportiva que Carballido toma parte nun nacional absoluto, o que demostra o bo facer da mediofondista friolense.

Con anterioridade, na semana anterior, María acadara a oitava posición no Campeonato de España sub 23 celebrado en Salamanca e onde tamén facía un rexistro de 2.13 minutos, marca que lle daba a posibilidade de acudir á cita de Ourense. No Campeonato Galego absoluto, celebrado tamén en Ourense fai unhas datas, María Carballido tamén lograba a medalla de bronce na mesma proba dos 800 metros lisos, mentras que o seu compañeiro de equipo Cristian Montecelo acadaba a quinta posición na mesma proba cun tempo de 1.56 minutos.

0.13700413703918