María Carballido remata oitava no Campionato de España

TerraChaXa
No Campeonato de España sub 23, María Carballido logrou meterse na final dos 800 metros lisos, onde ocuparía a oitava posición.
maria carballido friol nerja portada
22 Xuño 2021

A pasada fin de semana disputouse en Nerja (Málaga) o Campeonato de España sub 23, onde tomou parte María Carballido e onde tivo unha gran actuación, xa que se lograba meter na final dos 800 metros lisos, onde ocuparía a oitava posición.

María tomaba parte na terceira semifinal da proba, onde nunha carreira táctica lograba o segundo posto cun tempo de 2.14 minutos, o que lle permitía acceder á final por postos. Xa na proba final ocuparía a citada oitava posición cun rexistro de 2.18 segundos.

Maria carballido friol nerja
0.22280311584473