María Josefa Castro entra no club de centenarios vilalbeses cun emotivo aniversario

A veciña da parroquia de Alba, María Josefa Castro, celebrou este 1 de maio o seu 100 aniversario, entrando así no prestixioso club de centenarios do Concello de Vilalba.
Con motivo desta data tan especial, Josefa recibiu na súa vivenda a visita da alcaldesa, Marta Rouco, e do concelleiro Luis Fernández, que quixeron acompañala nun día tan significativo. Alí tiveron o pracer de soprar con ela as candeas e compartir un momento entrañable en compañía da súa familia.
Desde o Concello trasladáronlle a súa máis sincera noraboa e recoñeceron a importancia de homenaxear ás persoas maiores que forman parte viva da historia local.