María Sánchez presenta en Friol o seu novo poemario

A veterinaria e escritora María Sánchez vai presentar a Friol o seu novo poemario Fuego la sed o sábado 22 de xuño.
A cita ésta prevista para as 16.30 horas no Museo de San Paio de Narla.
"É unha sorte contar con ela para que nos fale sobre a súa relación co territorio, a auga e os lugares que viu cambiar a causa da emerxencia climática e poder intercambiar sensacións e saberes", explican os membros de Reama a Friol un dos dous organizadores do evento, xa que tamén colabora a asociación de mullres rurais Fonte de Xonza.