María Sánchez presenta o seu poemario no Museo Fortaleza San Paio de Narla de Friol

TerraChaXa
A escritora cordobesa, afincada na Ribeira Sacra, expuxo na presentación o seu compromiso coa defensa da cultura rural
presentacion_maria_sanchez
23 Xuño 2024

A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación do poemario Fuego la sed de María Sánchez no Museo Fortaleza San Paio de Narla, unha actividade que iniciou as actividades de verán da Rede Museística Provincial.

A escritora cordobesa, afincada na Ribeira Sacra, expuxo na presentación o seu compromiso coa defensa da cultura rural, o feminismo e a conservación do territorio, que reflicte tamén a súa escrita. María Sánchez mantén a súa relación coa Rede Museística tras a residencia poética Escrita no remoto que protagonizou o ano pasado no Pazo de Tor, promovida pola Rede e a Fundación Uxío Novoneyra.

0.36111617088318