Mariña Patrimonio continúa co ciclo de conferencias online

TerraChaXa | LugoXa
Mariña Patrimonio continúa co ciclo de conferencias online, que iniciou o pasado mes de maio, organizando con Miguel Losada, arqueólogo e antropólogo, cunha nova charla O Enigma do Formigoso: Unha fortificación no Castelo Pequeno de Santigoso, que se poderá seguir na canle de Facebook de Mariña Patrimonio o vindeiro venres 9 de outubro a partir das 19.
41722618 3022 4e82 a87d 3e71f71d5480
8 Out 2020

Mariña Patrimonio continúa co ciclo de conferencias online, que iniciou o pasado mes de maio, organizando con Miguel Losada, arqueólogo e antropólogo, cunha nova charla O Enigma do Formigoso: Unha fortificación no Castelo Pequeno de Santigoso, que se poderá seguir na canle de Facebook de Mariña Patrimonio o vindeiro venres 9 de outubro a partir das 19.30 horas.

Esta intervención propiciada por Mariña Patrimonio e realizada por parte dunha das persoas integrantes do equipo e traballo, pretende dar a coñecer a existencia deses traballos desenvolvidos sobre este lugar mailos seus arredores e dos datos que ó respecto están xa ó dispor da sociedade.

Ademáis do relator, tamén van intervir, para contrastar os seus puntos de vista, Israel Picón, arqueólogo participante nesta excavación, e Xurxo Salgado, xornalista e historiador. Ao remate, os asistentes en liña a través de Facebook terán ocasión de facer preguntas e comentarios.

0.099479198455811