Marisol Morandeira chama a “escoller a única opción que garante o mellor para Guitiriz”

TerraChaXa
Marisol Morandeira chama a “mobilizarse o domingo para escoller a única opción que garante o mellor para Guitiriz, o Partido Socialista”
fin de campana guitiriz eleccions
27 May 2023

O PSOE de Guitiriz celebrou o mitin de peche de campaña no que a candidata socialista estivo acompañada do ex alcalde de Lugo, José López Orozco, e do ex conselleiro, Ricardo Varela.

A alcaldesa e candidata á Alcaldía, Marisol Morandeira, fixo un chamamento aos veciños e veciñas de Guitiriz a “mobilizarse este domingo para escoller a única opción que garante o mellor para o futuro de Guitiriz, o Partido Socialista”.

Morandeira amosouse ilusionado ante a inminente cita do domingo durante un mitin celebrado no Iberik Balneario de Guitiriz no que estivo acompañada do ex alcalde de Lugo, José López Orozco, e do ex conselleiro, Ricardo Varela.

A candidata destacou que “nunhas eleccións municipais todas e todos temos que ter claro que por diante de todo ten que estar servir aos veciños e veciñas, atender as súas demandas e necesidades”. “As ideas son importantes, e sempre teñen que estar presentes, pero o importante, o que perciben os veciños e o que mellora a súa vida, son os feitos, o tanxible”, afirmou.

“Despois destes primeiros catro anos como alcaldesa, aínda teño máis ilusión que o primeiro día”, comentou Marisol Morandeira, que ten o obxectivo de “continuar o traballo iniciado, nunha época na que vivimos un parón moi importante por mor da pandemia e na que aínda así puidemos facer moitas cousas”.

A candidata incidiu en que “estamos nun momento chave para Guitiriz, temos o potencial para medrar, para dar ese impulso que necesitamos, e estou segura de que as políticas socialistas son as únicas que poden facelo realidade porque está máis que demostrado que son as únicas que miran polo benestar das persoas e polo seu futuro”.

Nese sentido tamén se expresou López Orozco, que comentou que “non é verdade que todos los partidos sexan iguais. É verdade que nos diferenciamos na ideoloxía pero sobre todo nos diferenciamos na xestión” “A dereita defende sobre todo privilexios; e o Partido Socialista defende dereitos e o benestar para a maioría, sobre todo para os que máis necesitan o apoio social”, salientou.

Tamén animou aos veciños e veciñas de Guitiriz a que acudan o domingo ao seu colexio e collan a papeleta socialista pero falou sobre todo da “importancia de votar, nunha democracia non se entende que haxa xente que non acuda as urnas. O voto fai democracia e danos a posibilidade de que se cumpran os nosos dereitos”.

Pola súa parte, Ricardo Varela puxo en valor a figura de Marisol Morandeira e destacou “o compromiso que ten por e para Guitiriz” e o “esforzo que fai por levar a cabo iniciativas e poñer en marcha proxectos que creen emprego e miren polo benestar da veciñanza”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18373799324036