Marisol Morandeira foi a pregoeira das festas de Sestao
A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, foi a pregoeira das festas Galicia pueblo a pueblo Herriz-Herri que se celebran do 7 ao 9 de xullo no municipio vasco de Sestao e que este ano se dedican á Torta de Millo de Guitiriz.
O evento, organizado pola Agrupación Hijos de Galicia de Sestao, conta cunha completa programación na que a gastronomía galega é cada ano protagonista e, neste caso, escolleuse como produto destacado o manxar típico de Guitiriz: a Torta de Millo.
No seu pregón, Marisol Morandeira quixo invitar ao público asistente a “coñecernos, a que probedes un relaxante baño termal en Guitiriz e, logo, que mellor plan que deleitarse co sabor incomparable da nosa Torta de Millo?”.
“A Torta de Millo non só é un produto exquisito, senón que tamén representa a esencia do noso querido pobo de Guitiriz. É un símbolo que nos identifica máis aló das nosas fronteiras e que nos conecta coas nosas raíces, os nosos paisaxes verdes e a calidez da nosa xente”, explicou a rexedora.