Marisol Morandeira nomeada Vicepresidenta Segunda da Red Española de Ciudades Saludables
O pasado 11 de maio, tras os acordos adoptados pola Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Pronvincias (FEMP), a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, foi nomeada como Vicepresidenta Segunda da ‘Red Española de Ciudades Saludables’.
Esta entidade, sección dependente da FEMP, está adicada á promoción e protección da saúde e ao benestar da cidadanía, en concordancia cos principios de actuación correspondentes ao proxecto “Healthy Cities”, da Organización Mundial da Saúde.
Os principais obxectivos da RECS, no que agora exerce de Vicepresidenta Segunda Morandeira, son asegurar a intercomunicación das cidades participantes en materia de promoción e protección da saúde, así como fomentar a colaboración e a acción conxunta.
Tras o nomeamento, Morandeira destacou que “é unha honra, como alcaldesa de Guitiriz, poder ser partícipe e colaborar nunha entidade tan relevante como é a Red Española de Ciudades Saludables”