Mariz, en Guitiriz, está de festa o mércores e o xoves
TerraChaXa
A parroquia de Mariz, en Guitiriz, celebra este mércores e xoves as súas festas patronais na honra a San Bartolomé, que abrirán o 24.
22 Aug 2022
A parroquia de Mariz, en Guitiriz, celebra este mércores e xoves as súas festas patronais na honra a San Bartolomé, que abrirán o 24 coa tradicional misa solemne, ás 13.30 horas, seguida de procesión.
A orquestra Alianza será a encargada da sesión vermú e da verbena, na que estarán tamén Los Coleguitas.
O xoves repetirán oficio relixioso á mesma hora pero será a orquestra Fuego a que fará dobrete uníndose na verbena con Unión y Fuerza.