Marta Rouco denuncia que Vilalba "non existe" nos Orzamentos da Xunta

TerraChaXa
“Nin partidas para desbloquear proxectos pendentes como a estación de autobuses, nin melloras nas infraestruturas de titularidade autonómica", di
Marta-Rouco-alcaldesa-vilalba
20 Out 2024

A alcaldesa de Vilaba, Marta Rouco, amosa “a miña decepción, que non sorpresa, ao comprobar que a capital da Terra Chá non existe un ano máis nos orzamentos autonómicos”. A Xunta entregou no Parlamento de Galicia o proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025. “Por se hai alguén que pensa que esaxero, a documentación é pública e está a disposición de calquera persoa que quiera consultala”, afirma Rouco. “A realidade é a que é: por sexto ano consecutivo, non haberá investimentos reais da Xunta de Galicia en Vilalba”, asegura a alcaldesa, “polo que o goberno de Alfonso Rueda non considera importantes as demandas e necesidades dos nosos veciños e veciñas”.

“Nin partidas para desbloquear proxectos pendentes como a estación de autobuses, nin melloras nas infraestruturas de titularidade autonómica, nin investimentos aos que temos dereito polo canon da auga incluído no recibo... nada”, engade Marta Rouco. Tampoco hai novidade nas contas sobre o convenio asinado hai xa 20 anos para que a Xunta cedera ao concello tres travesías urbanas, incumprindo o Goberno galego a reparación previa da LU-119, que une Vilalba con Rábade. “Levamos anos pedindo que se cumpra o convenio co apoio de todo o pleno municipal”, lembra.

A alcaldesa de Vilalba reitera a necesidade de que a Xunta “aumente de forma urxente o financiamento que reciben os concellos para a Axuda no Fogar e impulse a posta en marcha dun centro de día, que tamén levamos moito tempo demandando mentres vemos como a Xunta os abre en concellos moito máis pequenos”. “Tratarán de enganar e venderán outra realidade con partidas correspondentes a achegas e subvencións ás que teñen dereito os 313 concellos, ou con fotografías que veñen facerse a Vilalba, pero o compromiso demóstrase con feitos e investimentos”, remata a alcaldesa.

0.15344905853271