Marta Rouco participou na Coruña na Asemblea Xeral do Eixo Atlántico

TerraChaXa
Abordáronse tres retos que marcarán a axenda do ano 2026, o acceso á vivenda, a xestión dos fluxos migratorios e a loita contra a pobreza e a exclusión social
presentacion-programa-do-Eixo-Atlántico-na-Coruña
20 Feb 2026

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo participaron na XXXIV Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, celebrada na cidade da Coruña, un encontro no que estiveron representadas as 41 cidades que integran esta entidade de cooperación transfronteiriza.

Durante a sesión abordáronse tres dos principais retos que marcarán a axenda de traballo de cara ao ano 2026, entre os que destacan o acceso á vivenda, a xestión dos fluxos migratorios e a loita contra a pobreza e a exclusión social, cuestións consideradas prioritarias para avanzar cara a un desenvolvemento máis equilibrado e sostible nos territorios que forman parte do Eixo Atlántico.

Así mesmo, na asemblea aprobouse o programa de actividades previsto para o vindeiro ano, que inclúe iniciativas de carácter cultural, educativo, deportivo, de innovación social e turístico, ademais da ratificación das contas e do orzamento anual da entidade.

Este foro constitúe un espazo de cooperación fundamental para continuar avanzando na cohesión social e territorial entre as cidades membro, no que Vilalba mantén unha participación activa e con voz propia nos distintos ámbitos de traballo que promove o Eixo Atlántico.

⚙ Configurar cookies
0.095021963119507