Marta Rouco visita a unha veciña de Codesido, que cumpre cen anos

TerraChaXa
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, achegouse ata a parroquia de Codesido para felicitar persoalmente a Pilar Fernández, que hoxe acada a centuria e á que a rexedora vilalbesa agasallou cun ramo de flores.
pilar fernandez centenaria
28 Mar 2024

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, achegouse ata a parroquia de Codesido para felicitar persoalmente a Pilar Fernández, que hoxe acada a centuria e á que a rexedora vilalbesa agasallou cun ramo de flores.

Ademais, Rouco visitou a Pilar acompañada do concelleiro Luis Fernández e ámbolos dous aproveitaron a visita para conversar coa familia de Pilar e amosarlle a súa admiración, "é un verdadeiro pracer poder coñecer en primeira persoa a Pilar e gozar do privilexio de felicitarlle os seus 100 anos", asegurou a alcaldesa.

Así mesmo, a rexedora vilalbesa tamén quixo agradecer a boa acollida desta nova iniciativa coa que visitará persoalmente a todos os vilalbeses e vilalbesas que acaden este ano a centuria ou que xa a superen. "Satisfainos enormemente que a veciñanza reciba esta nova proposta con agarimo e ilusión, porque amosa a personalidade dos vilalbeses e vilalbesas, acolledora e agradecida", sinalou Rouco.

Na vindeira semana unha nova veciña soprará as 100 cadeas e por suposto, a rexedora acudirá persoalmente a visitala e compartir un agradábel momento con ela.

0.2038779258728