Marta Rouco visita a unha veciña de Vilapedre no seu 102 aniversario

TerraChaXa
Durante a visita mantiveron unha agradable e distendida conversa, na que non faltaron os recordos, as anécdotas e os bos desexos
102-aniversario-vecina-vilapere
24 Dec 2025

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, visitou a Florentina Carreiras para felicitala persoalmente polo seu 102 aniversario. O encontro tivo lugar na vivenda de Vilapedre, onde a homenaxeada reside e onde a rexedora quixo compartir con ela este momento tan especial.

Trátase do segundo ano consecutivo no que a alcaldesa se achega ata a súa casa para trasladarlle os parabéns en nome do Concello, nun xesto de recoñecemento e proximidade. Durante a visita mantiveron unha agradable e distendida conversa, na que non faltaron os recordos, as anécdotas e os bos desexos.

Desde o Concello quixeron poñer en valor esta celebración como exemplo de respecto e admiración polas persoas maiores, destacando a importancia de recoñecer a súa traxectoria vital e o seu papel na historia e na vida das parroquias do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.074301958084106