Matela e San Martín de Guillar están de festa a fin de semana

TerraChaXa | LugoXa
As localidades de Matela e San Martín de Guillar, en Outeiro de Rei, estarán de festa patronal esta fin de semana.
festas fogos artificio patronais
2 Jun 2023

As localidades de Matela e San Martín de Guillar, en Outeiro de Rei, estarán de festa esta fin de semana.

Estas darán comezo en San Martín de Guillar na honra a San Antonio hoxe venres, cunha churrascada para todos os veciños e colaboradores. Despois dará comezo a primeira verbena, con Saudade e Solara.

O sábado haberá misa solemne ás 13.00 horas con procesión e sesión vermú. Esta estará ao cargo de Stereo, que tamén tocará na verbena xunto a Cinema.

O domingo chegarán as festas ao seu final coa sesión vermú, que estará a cargo do grupo Alba. Esta terá lugar despois dos oficios relixiosos.

Ademais, a organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.

Por outro lado, en Matela as festas están dedicadas a Santa Lucía e Santa María Madalena. Comezarán o sábado coa misa, ás 13.15, que estará cantada pola coaral polifónica Xolda. A música nesta primeira xornada, en sesión vermú e verbena, estará a cargo da orquestra Pontevedra e DJ Francis.

O domingo haberá tamén misa cantada, nesta ocasión coa Rondalla San Xosé das Gándaras, seguida da sesión vermú co grupo Os Adrianos.

festas san martin de guillar
0.18352103233337