Matodoso está de festas a próxima fin de semana
TerraChaXa | LugoXa
A parroquia de Matodoso, en Castro de Rei, celebra as súas festas na honra a San Isidro os días 13 e 14 de maio.
10 Maio 2023
A parroquia de Matodoso, en Castro de Rei, celebra as súas festas na honra a San Isidro os días 13 e 14 de maio.
O sábado as celebracións darán comezo ás 13.30 cunha misa para continuar coa sesión vermú a cargo do grupo D’Nika.
A verbena da noite contará tamén coa actuación do grupo D’Nika que estarán acompañados pola orquestra Paris de Noia.
O domingo a misa volverá ser ás 13.30 para continuar despois cunha sesión a cargo da orquestra Fuego que estará tamén amenizando a verbena da noite.