Matodoso prepárase para celebrar as festas de San Isidro desde o venres

A parroquia de Matodoso, no concello de Castro de Rei, vivirá os días 16, 17 e 18 de maio unhas intensas xornadas festivas en honra a San Isidro, con actividades para todos os públicos e actuacións musicais de primeira liña. As festas contarán con carpa para garantir o bo desenvolvemento dos actos, independentemente do tempo.
O venres 16 de maio abrirase o programa cunha gran churrascada popular e unha verbena amenizada polo grupo Unión y Fuerza, que promete encher a noite de ritmo e diversión.
O sábado 17, a festa continuará cunha misa solemne ás 12:30 h, seguida dunha animada sesión vermú co grupo JB Son. Pola noite, a verbena correrá a cargo de JB Son e Finisterre, dúas formacións que garantirán unha noite inesquecible.
O domingo 18 de maio, a xornada comezará cunha misa solemne ás 13:30 h e unha nova sesión vermú co grupo Eclipse, poñendo o broche de ouro a unha fin de semana de celebración.
Como colofón, o día 1 de xuño terá lugar unha comida veciñal, un encontro pensado para fortalecer os lazos comunitarios e compartir mesa e boa conversa entre veciños e veciñas.