Maxia este venres na biblioteca de Xermade

TerraChaXa
26 sep 2019

A Biblioteca de Xermade organiza unha nova actividade dentro do seu programa Ler conta moito ,da Xunta de Galicia. A cita está prevista para o venres 27 de setembro, ás 18:30 h e leva por título Maxia para soñar, e estará a cargo do ilusionista Mago Marco.

A proposta do Mago Marco é a maxia clásica adaptada aos nosos tempos con aparicións, desaparicións, levitacións imposibles e o máis importante, unha maxia interactiva na que o público será o gran protagonista. Un espectáculo sorprendente para gozar en familia.

0.18084311485291