Maxia, teatro e Noite Meiga, este mes no Vicedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A asociación recreativa e cultural Os do 21, en colaboración co Concello do Vicedo, animan a desfrutar o 9 de agosto, no local social do colectivo, da cuarta edición da Noite Meiga, ás 21.
meira autocaravanas1
6 Ago 2019

A asociación recreativa e cultural Os do 21, en colaboración co Concello do Vicedo, animan a desfrutar o 9 de agosto, no local social do colectivo, da cuarta edición da Noite Meiga, ás 21.30 horas.

O colectivo repite cada verán esta actividade, á que moitos acoden disfrazados para pasar unha noite de medo, con música e baile e con queimada, todo elo de balde para todo o que queira animarse.

Poucos días despois, o martes 13 de agosto ás 21 horas, na casa da cultura da localidade, tamén devolverá de novo a maxia ao Vicedo o Mago Teto coa función titulada 'As nosas letras', nun espectáculo que homenaxea a cultura galega.

E como parte tamén das actividades culturais de agosto no Vicedo, o teatro protagonizará ao anoitecer do 18 de agosto, onde se representarán dúas comedias italianas con música e con letra en castelán, como 'Orden y matrimonio' e 'La cláusula', de Aldo Nicolaj.

 

 

0.092462062835693