Maxia, tecnoloxía e igualdade, este xoves na biblioteca das Pontes
TerraChaXa
O día 26 de setembro, ás 18:00 horas, o mago Richard ofrecerá na biblioteca Enrique Rivera Rouco das Pontes un espectáculo interactivo de divulgación científica no que, a través de demostracións de ciencia e de maxia, fará un percorrido pola historia da ciencia e da tecnoloxía.
25 sep 2019

Unha actividade, subvencionada a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que ten como obxectivo promover a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero a través da dinamización á lectura co programa Ler conta moito.