Medio centenar de deportistas no Aberto de billarda da Pastoriza

TerraChaXa
O Festival da Chaira da Patoriza acolleu unha nova xornada de billarda, na que participaron 67 deportistas de diferentes puntos da xeografía galega.
billarda
23 Xul 2018

O Festival da Chaira da Patoriza acolleu unha nova xornada de billarda, na que participaron 67 deportistas de diferentes puntos da xeografía galega.

Este aberto congrega xente dende as Rías Baixas ata a Mariña lucense e por suposto da Terra Chá.

Nesta edición seguiuse coa alternancia de gañador, xa que ningún palanador foi capaz de repetir victoria.

O gañador desta edición foi Ismael, da Ponte de Outeiro, seguido por Víctor Chous, de Castro de Rei, e terceiro, Manu Pozo, de Ribadeo.

billarda2
0.18036293983459