Medio cento de tenistas da comarca e doutros lugares participarán no I Torneo de Tenis Interescolas
O club Tenis Vilalba, trala celebración do XXV Torneo San Ramón de Tenis, pon en marcha unha nova iniciativa coincidindo coas festas patronais vilalbesas.
Desta volta, trátase da primeira edición do Torneo de Tenis Interescolas que se desenvolverá nas pistas de tenis da Madalena o venres 25 de agosto entre as catro da tarde e as nove do serán no que participarán medio cento de xogadores e xogadoras de distintos puntos da comarca e outras zonas cercanas: Muimenta, As Pontes, Foz e, por suposto, Vilalba.
A competición desenvolverase con partidos curtos -por tie break ou por tempo-.
Haberá trofeos para os dous primeiros clasificados en cada categoría -benxamín, alevín, infantil e cadete- e medallas para tódolos participantes; ademais dunha merenda de clausura.