Medio Rural do Concello de Foz adquiriu un equipo desbrozador para o mantemento de espazos públicos
Tras do acordo coa a delegación provincial de Medio Rural o pasado mes de outubro, a Area de Medio Rural do Concello de Foz executou o convenio coa adquisición do equipo dotado con corte combi e desbrozador.
O Concello agradece a Área de Medio Rural da Deputación de Lugo polo seu esforzo para que os concellos poidan dispoñer dos medios suficientes para o mantemento das zonas rurais.
A Concellería de Patrimonio, Medio Ambiente, Medio Rural e do Mar, do Concello de Foz explica que o equipo de desbroce era demandado polo persoal de xardinería do Concello e moi necesario para realizar de forma eficiente as tarefas de limpeza e mantemento de espazos públicos. Conta cun cabezal desbrozador que pode traballar en zonas de vexetación dura, a carón dos paseos marítimos, onde ata agora empregaban o tractor desbrozador, que ten demasiada carga de traballo. Iniciaronse inmediatamente as tarefas para o axeitado mantemento dos espazos obxectivo deste equipamento.