Medio Rural informa en Friol da concentración parcelaria de San Xoán de Seoane da Pregación

LugoXa | TerraChaXa
Ademais, anunciouse unha reunión informativa aberta a todos os veciños e veciñas o vindeiro 4 de decembro ás 10:30 horas
concentracion-parcelaria-pregacion
19 Nov 2025

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión na Delegación Territorial da Xunta en Lugo co alcalde de Friol, José Ángel Santos, e cunha representación de veciños para avaliar os avances da concentración parcelaria de San Xoán de Seoane da Pregación.

O proxecto abrangue un total de 402 hectáreas e beneficiará a 71 propietarios, atopándose actualmente na fase de bases definitivas. Durante o encontro, detalláronse os pasos previstos para a execución do proceso, así como a planificación dos prazos.

Ademais, anunciouse unha reunión informativa aberta a todos os veciños e veciñas o vindeiro 4 de decembro ás 10:30 horas, que terá lugar no salón de actos do Centro Sociocultural do Concello de Friol. Neste acto presentaranse os avances do proxecto e o deseño dos 11,5 km de futuros viais agrícolas.

Segundo as previsións da Consellería, as obras comezarán no segundo semestre do próximo ano, cun orzamento inicial superior ao millón de euros para o desenvolvemento da rede de camiños.

⚙ Configurar cookies
0.071225166320801