Meira acolle este domingo unha nova representación de teatro afeccionado

TerraChaXa
A asociación Eme de Meira anima a toda a comunidade a participar e lembra que a entrada é libre ata completar aforo
teatro-en-muimenta
6 Dec 2025

Este domingo, 7 de decembro, a Casa da Cultura de Meira, acollerá a estrea da obra Blue Island: Un lugar axeitado para criminais, da compañía Borguete Teatro, dentro do Circuíto Teatro Afeccionado 2025. A representación, de acceso gratuíto e dirixida a todos os públicos, terá lugar ás 20.00 horas.

A peza promete unha noite cargada de humor, misterio e personaxes sorprendentes, converténdose nun plan perfecto para desfrutar en compañía de amigos, da familia ou de quen cada quen prefira. Desde a organización destacan que se trata dunha oportunidade única para pasar un bo rato e convidan á veciñanza a achegarse ao teatro e gozar da proposta escénica.

A asociación Eme de Meira anima a toda a comunidade a participar e lembra que a entrada é libre ata completar aforo.

⚙ Configurar cookies
0.078590154647827