Meira acolle este mes o III Campionato de Tute 2025

TerraChaXa
Os premios para os primeiros postos serán de 750, 350, 200 e 100 puntos respectivamente
campionato-tute-meira
5 Mar 2025

O vindeiro sábado 15 de marzo celebrarase en Meira o III Campionato de Tute 2025, un evento que reunirá afeccionados a este tradicional xogo de cartas. O torneo comezará ás 19:30 horas no Pavillón Municipal de Meira e contará cun máximo de 32 parellas participantes.

Os premios para os primeiros postos serán de 750, 350, 200 e 100 puntos respectivamente. Ademais, haberá unha fase de repesca con recompensas de 300, 150 e 100 puntos para os tres primeiros, mentres que o cuarto clasificado recibirá dous lotes de produtos.

A inscrición terá un custo de 100 puntos por parella e incluirá cea para os participantes. A organización do evento corre a cargo do Meira FC, e para máis información pódese contactar con David no teléfono 659 900 432.

No caso de non alcanzar o número de parellas establecido, os premios serán axustados proporcionalmente.

⚙ Configurar cookies
0.4910728931427