Meira acolle este venres os Cantos de Taberna e a Festa do Bolo Preñado

TerraChaXa
A partir das 21.30 horas na praza Maior haberá unha degustación desde produto
cantos-tabena-bolo-prenado-meira
8 Aug 2024

O venres 9 de agosto, ás 20.00 horas, terá lugar a celebración dos Cantos de Taberna de Meira, unha actividade que serve de animación na localidade e antesala das festas.

Nesta celebración colaborarán diferentes locais de hostalaría do Concello meirense. Contarán cos grupos Raíña ao lado de (da Coruña), os locais Os de Aquí, Os do Medio de Melide, Son de Outeiro de Outeiro de Rei e Os Agustiños de Lugo.

Acto seguido será a Festa do Bolo Preñado, na que é a súa terceira edición e na que a partir das 21.30 horas na praza Maior haberá unha degustación desde produto.

0.16315197944641