Meira acolle este venres un concerto do tenor Ramón Rozadillas

TerraChaXa
Terá lugar na Igrexa de Santa María a partir das 20.00 horas en homenaxe á súa nai
concerto-homenaxe-maria-valverede
24 Out 2024

Este venres, 25 de outubro, ás 20:00 horas, a Igrexa de Santa María de Meira será o escenario dun concerto homenaxe titulado Una lágrima, en memoria de María Valverde. O tenor Ramón Rozadillas Valverde será o encargado de interpretar un repertorio emotivo que inclúe grandes clásicos da música sacra e operística.

Entre as pezas que se poderán escoitar están Ave María de Schubert, Panis Angelicus, Cinema Paradiso, Parla piu piano, È lucean le stelle e Nessun Dorma. Este evento promete ser unha velada cargada de sentimento e recordo, cunha escolla musical coidada para honrar a memoria da homenaxeada.

A entrada ao concerto é libre.

0.2077488899231