Meira acolle o xoves unha charla sobre seguridade nos colexios
TerraChaXa
A Casa da Cultura de Meira acollerá este xoves, 20 de febreiro, unha charla inforamtiva sobre convivencia e seguridade nos centros educativos e na súa contorna.
19 Feb 2020
A Casa da Cultura de Meira acollerá este xoves, 20 de febreiro, unha charla inforamtiva sobre convivencia e seguridade nos centros educativos e na súa contorna.
Esta charla, que será impartida por unha especialista na materia, terá lugar a partir das 22.00 horas e versará sobre acoso escolar, drogas e alcohol, bandas violentas, racismo, intolerancia, violencia sobre a muller e discriminación e interent e redes sociais.
A charla está organizada dentor do Plan Director da Consellería de Educación e xestionada pola Anpa do Ceip Avelino Díaz.
A charla está aberta a todo o público en xeral.