Meira acolle, un ano máis, o Festival de Habaneras e Polifonía este domingo

TerraChaXa
Participarán desta iniciativa a Coral Polifónica Vilalbesa, a Coral Polifónica Follas Novas, o Orfeón Caldelas e a Coral Polifónica de Meira
Festival-de-Habaneras-Meira
10 Aug 2024

A praza do convento de Meira acollerá este domingo, 11 de agosto, ás 19.00 horas, o Festival de Habaneras e Polifonía, coa participación da Coral Polifónica Vilalbesa, a Coral Polifónica Follas Novas, o Orfeón Caldelas e a Coral Polifónica de Meira.

No 1982 nace a Polifónica Vilalbesa e o seu primeiro director foi D. Xesús Gómez García. A Coral ten efectuados máis de catrocentas actuacións en lugares e celebracións emblemáticas por toda a xeografía galega, asturiana, castelá e en Portugal. En xaneiro de 1983 participa no Certamen Nacional de Polifónia Juvenil, no 1984 estreou o ‘Himno a Terra Chá’ con letra de Carmiña Prieto Rouco e música de Rogelio Groba e no 2005 gravou ó seu primeiro CD 'Ecos da Terra Chá'.

Actualmente, está formada por 35 voces mixtas e o seu director é Baruk Domínguez Grandío, nado en Vilalba en 1990, que iniciou os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música da súa localidade en guitarra e trompa. Cursou o máster en Dirección e Pedagoxía Coral na UNIR e desde 2023 estuda Canto no CMUS Xoán Montes de Lugo. En 2022, asumiu a dirección da Coral Polifónica Vilalbesa. Actualmente, é presidente das asociacións culturais Banda de Música de Vilalba e Escola de Música de Vilalba, onde tamén traballa como director do minicoro e profesor de guitarra, baixo e ukelele.

Pola súa parte, a Coral Polifónica Follas Novas comeza a súa andaina no 1930. Realizou gravacións discográficas, actuou repetidas veces nas televisións de Portugal, España e Galicia, realizou xiras de concertos por numerosas cidades de Francia, Portugal e España, participando en encontros e ciclos de música coral.

Actualmente, a Coral Polifónica Follas Novas está baixo a dirección do Mestre Don Fernando Vazquez Arias e Dona Anna Mirzoyan ao piano. Fernando Vázquez Arias (Melide, A Coruña, 1957) é un compositor, pianista, trompetista e director de orquestra español. Dirixiu numerosas orquestras entre as que se atopan a Nova Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Sinfónica de RTV ou a Orquestra Filarmónica Nacional de Moldavia. Como compositor, estreou obras para orquestra sinfónica e música de cámara. Destacan as súas clases de composición en conservatorios galegos, e a súa dirección do conservatorio de Melide. Os seus concertos foron gravados por TVE e outras emisoras.

O Orfeón Caldelas nace o 10 de maio de 2018 en Castro Caldelas e está composto por 25 voces mixtas. Debutou no Nadal do 2018 cun pequeno certame de Nadal en Castro Caldelas e participou na I Xuntanza de Corais en Castro Caldelas, no 5º Certame coral en Parada do Sil, na Xuntanza Corais de Amigos en Castro Caldelas, Festival de Corais en Xinzo de Limia, no XVII encontro de Corais na honra de Santa Cecilia, no Concerto de Corais en Soutomaior, na XVI Mostra de Corais en Viana do Bolo, no VI Concerto de Corais en Botos-Lalín, ou no XV Certame de Música Galega en Maceda- Ourense. Organiza o “Festival de Habaneras” , o Certame das Letras Galegas e o Concerto de

A dirección do mesmo corre a cargo de Manuel Vila Simón, Trombonista e pianista. Actualmente, é delegado provincial de Ourense da Federación Coral Galega FECOGA. Ten realizado cursos de canto como de dirección repertorio e interpretación coral e vocal, cursou os seus estudios musicais no Conservatorio Profesional de Música de O Barco de Valdeorras e tamén dirixe o Orfeón Vianés de (Viana do Bolo).

A Coral Polifónica de Meira nace no ano 2018 baixo a dirección de D. Pablo Rico Echegaray, celebrando o primeiro concerto oficial no nadal dese mesmo ano. No seu percorrido musical figuran os festivais de corais de nadal e habaneras de Meira, concertos en Riotorto, As Pontes, Palas de Rey, Barreiros, Lugo, Abadín, Monterroso, A Coruña, Castro Caldelas, os concertos das letras galegas coa Banda de Meira e tamén a interpretación de dúas obras co músico Carlos Núñez no verán de 2019. Tamén participa no programa TRADIGALU da Deputación de Lugo.

Actualmente, a coral é membro da Federación Coral Galega, conta con 28 voces mixtas e interpretan un repertorio variado con moitas obras e versións propias. O seu director é D. Pablo Rico Echegaray. Pablo é graduado en saxofón e piano e actualmente é o presidente da Federación Coral Galega (FECOGA). Ademais, é tamén director da Coral Ecos do Ulla de Monterroso, da Coral Polifónica de Abadín, da Coral Ecos do Miño ASTELU, da Coral de Telefónica de A Coruña, do Orfeón Xoan Montes de Lugo de voces graves e da Banda de Música Unión Cultural de Campo Lameiro, labor que compaxina coa carreira de Dirección de Banda, Coro e Orquestra no Conservatorio Superior de Música de A Coruña e co Máster en Formación do Profesorado.

0.16683793067932